Convocatoria aberta
do 15/12/23 ao 31/01/2024
a través de

Convocatoria aberta
do 15/12/23 ao 31/01/2024
a través de

Festival Internacional de Animación Afundación

IMAXINARIA é un festival internacional de cine de animación que ten lugar na cidade de A Coruña, impulsado por Afundación

Un proxecto que busca promocionar e dar a coñecer a animación audiovisual menos comercial ao público xeral, e funcionar, tamén, como punto de encontro de profesionais do sector, onde Galicia posúe unha ampla e recoñecida tradición innovadora Dirixen o festival Matilde Rodríguez, comisaria da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC), e o realizador Alberto Vázquez, referente na animación actual, gañador de numerosos premios nacionais e internacionais.

Cultura x alimentos

Imaxinaria forma parte do programa “Cultura x Alimentos” de Afundación, unha iniciativa que apela á participación da cidadanía e responde ao chamamento solidario dos Bancos de Alimentos locais. Deste modo, a entrada do festival será gratuíta a cambio de alimentos non perecedoiros. Un compromiso social que también se reflicte nos propios contidos do festival.