PROGRAMA FAMILIAR
Programa adicado ás familias e que ten como obxectivo achegar a animación menos comercial a todos os públicos, fomentando a curiosidade e o desenvolvemento da creatividade nas xeracións máis novas.
>> SÁBADO 15 DE MARZO:
- 12:00h | OBRADOIRO DE ANIMACIÓN
Obradoiro infantil no que se achegará de maneira divertida algunhas das diferentes técnicas de animación tradicional: siluetas, stop motion, etc.
- 16:30h | SECCIÓN OFICIAL FAMILIAR
Proxección da Sección Oficial Familiar do festival, cunha selección das mellores curtametraxes nacionais e internacionais do último ano dirixidas a público infantil. Curtametraxes candidatas a gañar o Premio do Público Infantil. Votación dos asistentes.
>> DOMINGO 16 DE MARZO:
- 16:30h | DOMINGO EN FAMILIA: Flow, un mundo por salvar.
Película letoa dirixida por Gints Zilbalodis. A trama segue un gato que, tras unha inundación catastrófica, únese a un grupo de animais nun mundo asolagado. Xuntos deben sobrevivir superando as súas diferenzas. A película foi eloxiada pola súa narrativa innovadora sen diálogos e o seu enfoque visual distintivo. Gañadora á Mellor Película de Animación nos Globos de Ouro e Mellor Película Europea de 2025.
OBRADOIRO STRATA-CUT: Animación con keikes
Obradoiro impartido por Montse Piñeiro
CARACTERÍSTICAS
Duración: 90 min.
Prazas: 10 – 12
Público: público xeral, a partir de 8 años
(recoméndase que as crianzas veñan acompañadas dunha persoa adulta)
DESCRIPCIÓN
No obradoiro de animación con keikes aprenderemos a técnica strata-cut, baseada en retirar pequenas láminas dunha peza previamente modelada. O primeiro paso será realizar os nosos pasteis de plastilina, que logo empregaremos para realizar un loop de animación coa axuda dun teléfono móbil ou tablet e a aplicación Stop Motion Studio (prégase traela instalada previamente, está dispoñible de maneira gratuita para Android y iPhone).
SECCIÓN OFICIAL FAMILIAR
KANOPOS IR PAČIŪŽOS [HOOFS ON SKATES]
Ignas Meilunas | 12 min | Lituania | 2024 | +3
Nun paraíso invernal, dous amigos divírtense patinando sobre xeo nun lago xeado cando, de súpeto, un mundo estraño e descoñecido ábrese baixo os seus pés.
TUU-TUU-TIL
Veronica Solomon | 4 min | Alemaña | 2024 | +3
Para os nenos pequenos, o mundo está cheo de misterios e incógnitas, e necesitan a axuda dun compañeiro sabio para afrontar os retos do día a día.
A MENINA COM OS OLHOS OCUPADOS
André Carrilho | 8 min | Portugal | 2024 | +3
Había unha vez unha nena que sempre estaba distraída. Cos ollos fixos no seu teléfono, non podía darse conta do mundo que a rodeaba nin de quen quería xogar con ela.
ANIMANIMUSICAL
Julia Ocker | 3 min | Alemaña | 2024 | +3
Os Animanimals queren facer unha grande actuación musical, pero alguén se equivocou de notas.
LA CARPE ET L'ENFANT
Morgane Simon & Arnaud Demuynck. | 7 min | Francia & Bélxica | 2024 | +3
Un neno vai pescar carpas. Pero ten a mala idea de levar consigo ao seu cadeliño. Entre o cadelo, unha ra e un pato, non é doado pescar…
LES BOTTES DE LA NUIT
Pierre-Luc Granjon | 12 min | Francia | 2024 | +7
O bosque pode estar cheo de criaturas aterradoras, advirten os pais de Eliot, pero o misterio pode ser demasiado tentador para un neno que non quere irse á cama.
STORYTELLING
Nils Hedinger | 7 min | Suiza | 2024 | +7
Dos debuxos rupestres ás cámaras de eco: a historia da humanidade é a historia da narración.
BEURK! [YUCK!]
Loïc Espuche | 13 min | Francia | 2024 | +7
Que noxo! Bicar na boca é noxento. Pero en segredo, o pequeno Léo ten moitas ganas de probalo…
DOMINGO EN FAMILIA
FLOW
Gints Zilbalodis | 83 min | Letonia | 2024 | +7
Película letoa dirixida por Gints Zilbalodis. A trama segue un gato que, tras unha inundación catastrófica, únese a un grupo de animais nun mundo asolagado. Xuntos deben sobrevivir superando as súas diferenzas. A película foi eloxiada pola súa narrativa innovadora sen diálogos e o seu enfoque visual distintivo. Gañadora á Mellor Película de Animación nos Globos de Ouro e Mellor Película Europea de 2025.