Foco 8 m

BLOQUE 8M ONLINE

Selección de 8 curtametraxes para ver dende a nosa web nos propios días do festival.

O bloque está composto por 8 obras recoñecidas e destacadas a nivel internacional que poñen o foco en diferentes problemáticas e reivindicacións do movemento 8M como é a sexualidade feminina, sororidade, embarazo, violencia sexual, machismo, patriarcado, situación trans, denuncia social, etc

SIMBIOSIS CARNAL

Rocía Álvarez | 10 min | Bélgica / España | 2017 | +16

Gran Premio no Festival Anima Bruxelas e o Premio do Público en Animac.

Unha poética viaxe a través da historia da evolución animal, o desexo e a sexualidade, desde o primeiro organismo unicelular ata o ser humano, que inventa o pracer calculado: o erotismo; unha historia atravesada por conflitos morais, onde o pracer feminino longamente ignorado e reprimido ocupa un lugar de honra, e que culmina cun final explosivo

WICKED GIRL [RAPAZA ENFEITIZADA]

Ayce Karthal | 8 min | Francia / Italia | 2017 | +12

Premio do Xurado no Festival Internacional de Annecy, o Premio César á Mellor Curtametraxe de Animación e o Gran Premio no Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand

S., de 8 anos, é unha nena turca cunha imaxinación desbordante. Mentres está no hospital lembra as felices vacacións no seu pobo cos seus avós, pero recordos escuros e aterradores emerxen e, aos poucos, comezan a ter sentido.

CARNE

Camila Kater | 12 min | Brasil / España | 2019 | +7

Biznaga de Prata á Mellor curtametraxe Documental no Festival de Málaga; Premio do Público no festival ANIMAC (Cataluña); Premio ao Mellor curta documental animada en ANIMASIVO (México); Gran Premio no Warsaw Animation Film Festival (Polonia); etc

Crúa, pouco feita, ao momento, feita e moi feita. A través de relatos íntimos e persoais, cinco mulleres comparten as súas experiencias en relación co corpo, desde a infancia ata a terceira idade.

LAS DEL DIENTE [AS DO DENTE]

Ana Pérez López | 6 min | EEUU / España | 2018 | +7

Gran Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe Animada no Festival de Cinema de Florida. PREMIO Campá de Ouro no Festival de Cinema SoDak. Mención Especial en MONSTRA 2019. Gañador do Premio Gaztefilmfest á Mellor Curtametraxe

Tres mulleres discuten a presión social de ter fillos mentres celebran a singularidade dos seus corpos.

PHRYNÉ ET NYX

Jhonny Video | 8 min | México | 2019 | +16/p>

Gañador do Premio Animasivo 2019 (México)
Gañador no Black Canvas 2019 (México)
Mención honorífica no Bit Bang Fest 2019 (Arxentina)

Phryné et Nyx é unha obra que destaca a violencia e a falta de protección que enfrontan as traballadoras sexuais, mentres ofrece unha interesante experimentación formal. Na primeira parte, titulada Phryné, Johnny Vídeo utiliza animación rotoscópica colorida e potentes planos para ilustrar un poema sobre a prostitución, recitado pola autora, Samantha Barendson, con música de Óscar Pereyra. Na segunda parte, titulada Nyx, Carla Faesler recita o seu poema coa música de Carls Bergen Dyck, utilizando as mesmas imaxes da primeira parte, o que xera impresións e connotacións diferentes.

AMOR, NUESTRA PRISIÓN [AMOR, A NOSA CÁRCERE]

Carolina Corral | 6 min | México | 2016 | +12

Mención de Honra Festival Internacional de Cinema polos Dereitos Humanos Bogotá. “Mellor animación latinoamericana”, Festival Internacional de Curtametraxes Animadas, AJAYU, Perú. “Premio do Xurado a Mellor Curtametraxe Penal” Festival Cinema de Daroca.

Na prisión de Atlacholoaya (Morelos) as internas poden ir visitar aos internos. Cales son as implicacións do amor romántico no cárcere?

PUSSY [CONA]

Renata Gasiorowska | 8 min | Polonia | 2016 | +16

Mellor curta de animación no Festival Internacional de Animación Clermont-Ferrand; Premio á Mellor Animación no Interfilm de Berlin; Premio á Mellor Curtametraxe de Estudante no Animafest Zagreb.

Unha moza pasa a noite soa na casa. Decide ter unha doce sesión de pracer en solitario, pero non todo sae segundo o previsto.

BETI BEZPERAKO KOPLAK

Colectivo Ageda Kopla Taldea | 6 min | España | 2016 | +12

Nomeada aos premios Goya como mellor curtametraxe de animación. Premio do Xurado na Mostra de Palencia. Premio ao mellor Guión no Festival de Cinema de Lekeitio.

A Véspera de Santa Águeda é unha tradición vasca na que as cuadrillas van ir de casa en casa, acompañadas por bertsolaris (improvisadores de versos en vasco), cantando a canción de Santa Águeda, acompañándose de bastóns e paus golpeados rítmicamente contra o chan. Con esa celebración de fondo, Beti Bezèrakp Koplak denuncia, a través de 13 versos escritos pola bertsolari Maialen Lujanbio, a violencia e discriminación sufrida, historicamente e no presente, polas mulleres.