Foco 8 m

Aproveitando a coincidencia da data, o festival únese ás reivindicacións do 8M, ofrecendo un programa especifico co que se busca afondar sobre as diferentes problemáticas da muller na actualidade

>> BLOQUE 8M ONLINE

Selección de 8 curtametraxes para ver dende a nosa web nos propios días do festival.

O bloque está composto por 8 obras recoñecidas e destacadas a nivel internacional que poñen o foco en diferentes problemáticas e reivindicacións do movemento 8M como é a sexualidade feminina, sororidade, embarazo, violencia sexual, machismo, patriarcado, situación trans, denuncia social, etc

>> PROGRAMA VENRES 8 DE MARZO

Proxección da película My Sunny Maad (A miña familia Afgá, 2021) + coloquio con Michaela PavlátovA

Despois do filme terá lugar un coloquio conducido por Veronica Buide, actual presidenta de MIA, Asociación de Mulleres na Industria da Animación, no que se afondará no concepto do filme, a experiencia da directora e a situación actual da muller no sector.

MY SUNNY MAAD [A miña familia Afgá]

MICHAELA PAVLÁTOVÁ  |  85 min  |  República Checa / Francia / Eslovaquia  |  2021  |  +12

Festival de Annecy: Premio do Xurado 2021, Globos de Ouro: Nomeada a Mellor película de animación 2022, Premios César: Mellor película de animación 2022.

Tres meses antes de que se retirasen as tropas estadounidenses de Afganistán, Michaela Pavlátová levaba o Premio do Xurado en Annecy por esta película na que fala, xustamente, da situación das mulleres na Cabul post-talibán. Non se imaxinaba Pavlátová a urxencia que cobraría entón a historia de Herra, moza checa que se namora dun afgán, co que casa e se muda a Cabul, onde comeza unha nova etapa da súa vida aprendendo a convivir coa gran familia do seu esposo. A película é unha adaptación da novela Freshta, na que a xornalista polaca Petra Procházková conta a súa experiencia persoal. Un filme que aborda sen solucións fáciles e con humor a complexidade da sociedade afgá e en particular do lugar das mulleres nela.