Foco Portugal
Celebramos o centenario da animación portuguesa
Cun programa de proxeccións onde se poden ver os traballos máis destacados dos últimos anos.Xestionado en colaboración coa Casa da Animação.
Bloque de curtametraxes
ÁGUA MOLE
Alexandra Ramires (Xá) & Laura Gonçalves | 9 min | Portugal | 2017 | Tradicional | Documental
Os últimos habitantes dun pobo néganse a deixarse afundir no esquecemento. Nun mundo onde a idea de progreso parece considerarse por encima de todo, este fogar flota.
AGOURO
David Doutel & Vasco Sá | 15 min | Portugal | 2018 | Tradicional | Drama
Un cru inverno conxela a superficie dun río, preto da casa onde viven dous curmáns. Inmersos no frío vento que se levanta ese día, a rudeza da súa relación crece, chegando ao seu límite.
PURPLEBOY
Alexandre Siqueira | 14 min | Portugal / Bélxica / Francia | 2019 | 2D CGI | Drama
Óscar é un neno que brota no xardín dos seus pais. Ninguén coñece o seu sexo biolóxico pero el reivindica o xénero masculino. Un día Óscar vive unha extraordinaria pero dolorosa aventura nun mundo autoritario e opresivo. Conseguirá ter o recoñecemento de identidade que tanto desexa?
TÍO TOMÁS, A CONTABILIDADE DOS DIAS
Regina Pessoa | 13 min | Portugal | 2019 | Tradicional | Documental
A partir dos recordos persoais e visuais de Regina, unha homenaxe ao seu tío Thomas, un home humilde cunha vida sinxela e anónima. É o seu recoñecemento de que non fai falta ser “alguén” para desempeñar un papel excepcional na nosa vida.
NESTOR
João Gonzalez | 6 min | Portugal | 2019 | 2D CGI | Drama
Nestor, un home con varios comportamentos obsesivos compulsivos vive nunha casa flotante inestable que nunca deixa de oscilar.
ELO
Alexandra Ramires (Xá) | 11 min | Portugal | 2020 | 2Tradicional | Fantástico
Baixo un sol sombrío, dous personaxes buscan adaptarse.
O CASACO ROSA
Mónica Santos | 8 min | Portugal | 2022 | Pixilación | Histórico
Na comodidade da súa casa, Chaqueta Rosa utiliza a alta costura e a tortura para coser aos opositores ao sistema..
WORLD TO ROAM
Stephen Irwin | 12 min | UK | 2023 | 2D CGI | Terror | Estrea en España
Un matrimonio lucha por hacer frente a las misteriosas andanzas nocturnas de su hijo pequeño. Cada tarde, atan un trozo de cuerda alrededor del niño, un cordón de rescate para localizarlo cuando sale el sol. Pero el cable solo puede llegar hasta cierto punto y, a pesar de su corta edad, el niño parece decidido a aventurarse en el mundo sin ellos.
Proxección Os Demos de Barro
+ Coloquio con Nuno Beato, director do filme
OS DEMOS DE BARRO
Nuno Beato | 84 min | Portugal / España / Francia | 2022 | Stop-Motion | Drama
Rosa, unha profesional de primeira liña, moi valorada no mercado empresarial, leva unha vida esixente dedicada por completo ao seu traballo. A morte do seu avó, do que se distanciou progresivamente polo seu inesgotable traballo, acaba provocándolle un repentino ataque de estrés que pon en dúbida as súas decisións. Rosa decide entón abandonar a cidade e lánzase á busca do lugar e os recordos da súa infancia, vivida á beira do seu avó.