Madriña do festival

Recoñecemento que o festival outorga a unha realizadora ou realizador vivo que sexa todo un referente no mundo da animación, tanto pola súa creatividade e innovación como polo seu recoñecemento a nivel mundial, e que o festival convida para rendirlle homenaxe a toda unha carreira

>> Programa IMAXINARIA con Joanna Quinn:

Cedida por Joanna Quinn

JOANNA QUINN

É unha figura destacada da animación cinematográfica, recoñecida internacionalmente polo estilo persoal das súas obras, nas que destaca o seu talento excepcional para o debuxo e a creación de animacións dinámicas e cheas de vitalidade. Recibiu máis de 90 premios nos festivais máis prestixiosos do mundo, incluíndo os Emmy e BAFTA. As súas curtametraxes máis emblemáticas están protagonizadas por Beryl, un icónico personaxe de animación feminista, que tamén dá nome á súa produtora independente. Tres das súas películas, Famous Fred (1996), The Wife of Bath (1988) e Affairs of the Art (2021) foron nomeadas aos Premios Oscar. Naceu en Birmingham, Inglaterra, e estudou arte no Goldsmiths College antes de obter un Bachelor of Arts en deseño gráfico na Universidade de Middlesex. A súa primeira película, Girl’s Night Out (1986), gañou tres premios no festival de Annecy e deu lle recoñecemento internacional. Dende entón, a súa obra foi obxecto de retrospectivas en todo o mundo. En 2013 foi nomeada Laureada en Animación por ASIFA Internacional. Quinn é, ademais, unha docente destacada que imparte cursos de animación a nivel internacional. É Membro Honorario do Royal College of Art de Londres e da Universidade de Gales, ademais de Doutora Honoris Causa pola Universidade de Middlesex, Londres e Wolverhampton.

Retrospectiva

Body Beautiful

Joanna Quinn  |  14 min  |  Reino Unido  |  1990  |  +12

Premio BAFTA á Mellor Curtametraxe de Animación

Beryl prepárase físicamente para un concurso de beleza. Segunda parte da triloxía animada de Joanna Quinn composta por “Girls Night’s Out” e “Dreams & Desires”.

Retrospectiva

Elles

Joanna Quinn  |  3 min  |  Reino Unido  |  1992  |  +12

Nominado ao César a Mellor Curtametraxe.

Dous das modelos de Toulouse Lautrec toman un alegre e bulicioso descanso do seu posado. Quinn aliméntase dos debuxos de Toulouse-Lautrec para realizar este curtametraxe no que utiliza unha nova técnica con lapis de cor. 

Retrospectiva

Dreams and Desires

Joanna Quinn  |  10 min  |  Reino Unido  |  2006  |  +12

Premio Especial do Xurado, Premio FIPRESCI e Premio do Público no Festival de Annecy; Mellor Curtametraxe de Animación nos Premios de Cine Europeo e no Festival de Sitges

Tras comprarse unha cámara dixital nova, Beryl empeza a obsesionarse co arte do cine e utilízaa para cumprir os seus desexos, soños e pensamentos a modo de videodiario. Peche da triloxía iniciada con Girl’s Night Out e Body Beautiful, na que Beryl volve ser a protagonista dunha comedia familiar, hiperbólica e espontánea.

Retrospectiva

The Wife of Bath

Joanna Quinn  |  6 min  |  Reino Unido  |  1998  |  +16

Nominado ao Oscar e galardoado nos premios Emmy e Bafta

Por atacar a unha muller xove, un arrogante cabaleiro da corte do Rei Arturo é sentenciado á morte se non consegue responder á pregunta “¿qué é o que máis desexan as mulleres?”. O cabaleiro viaxa lonxe, pero sen éxito, ata que coñece a unha anciá que promételle a resposta, pero a cambio dun prezo. Unha curtametraxe baseada na poesía clásica de Geoffrey Chaucer.

Retrospectiva

Affairs of the Art

Joanna Quinn  |  16 min  |  Reino Unido  |  2021  |  +12

Nominada ao Óscar e BAFTA como Mellor Curtametraxe de Animación, a película recibiu máis de 33 galardóns a nivel internacional, incluíndo unha Mención Especial no festival de Annecy e Premio á Mellor Curtametraxe no Festival de Valladolid

Beryl é unha traballadora de 59 anos completamente obsesionada co debuxo, e a súa fixación domina toda a casa. Este é o seu primeiro curtametraxe animado dixitalmente e unha nova entrega de Beryl, na que se narran os seus orixes e preséntase a súa excéntrica familia.

Retrospectiva

Britannia

Joanna Quinn  |  5 min  |  Reino Unido  |  1993  |  +12

Unha sátira sobre o carácter británico que amosa como, na súa ansia de riqueza e poder, desposuíron a outras nacións do seu orgullo e patrimonio. Unha crítica mordaz e feroz sobre o auxe e a caída do imperialismo británico.

CLAUSURA

Girls night out

Joanna Quinn  |  6 min  |  Reino Unido  |  1988  |  +12

A curta obtivo 3 premios no Festival de Annecy, incluído o Premio do Xurado

Cando as súas amigas a levan de festa a un club de striptease, unha ama de casa volve á casa con algo máis que recordos. Curtametraxe que deu vida a Beryl: un dos personaxes máis icónicos e mutantes da animación feminista e protagonista das curtametraxes máis representativas da autora.