O QUE ESTÁ POR VIR

Sección adicada ao panorama galego

Realizadores e realizadoras da nosa comunidade farán unha presentación dos proxectos actuais nos que están a traballar, poñendo así o foco no estado actual do sector e o seu futuro inmediato.

Actividade patrocinada por a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais

>> Participan

TO BIRD OR NOT TO BIRD

MARTÍN ROMERO

presenta unha curtametraxe de humor protagonizada por paxaros no que varias micro historias vanse entrelazando ao longo da narración para crear unha visión crítica, en ton de humor, do mundo contemporáneo. Os personaxes do curto son aves que adoptaron costumes ou modos de vida humanos converténdose en seres alienados que reflicten algúns dos problemas ou anhelos propios do ser humano dos nosos días.

O CORPO DE CRISTO

BEA LEMA

Presenta unha curtametraxe realizada con animación tradicional e cut-out protagonizada por Adela, que padece un trastorno mental pero que non recoñece como tal, o que a leva a buscar a solución na relixión e en ritos populares. A protagonista síntese incomprendida tanto pola súa familia como pola contorna médica e psiquiátrica, onde a medicación preséntase como o remedio absoluto a todos os seus problemas. Pero ela necesita que alguén escoite o que realmente lle ocorre. Cre estar vixiada, sente unha presenza que ás veces a toca e que lle fai dano. O único lugar onde a súa realidade ten cabida é na relixión, o que a leva a visitar a unha meiga á que lle confesa como e cando empezou todo.

SOÑOS DE BEBÉS

MANU VIQUEIRA

Presenta unha curtametraxe que segue ao Dr. I.F.Psyclops, un excéntrico psiquiatra que trata aos seus pacientes conectando os seus soños. Neste caso, realiza un casting de soños con bebés para axudar a sanar os traumas de dez pacientes adultos. A medida que as historias, personaxes e símbolos oníricos se entrelazan, desencadéase unha explosión de sanación ou, talvez, unha experiencia aínda máis traumática. A película mantén un ritmo frenético e mestura estéticas e xéneros para levar ao espectador a través desta viaxe onírica e ecléctica.

LUCUS

DAVID FIDALGO OMIL

Presenta un proxecto de curtametraxe de animación 2D cheo de fantasía, humor e cor. No apoxeo do Imperio Romano, unha nena, que vive dentro do muro de Lucus Augusti (Lugo, España), sofre visións da destrución do seu fogar e decide que ten que detelo. Unha bruxa dille o que ten que facer e comeza unha incrible aventura na que coñecerá novos, inesperados e absurdos amigos.

ÁNIMAS ANÓNIMAS

ÁNIMAS ANÓNIMAS

É unha asociación cultural galega con sede na Coruña que ten como obxectivo principal establecer vínculos entre profesionais do mundo da animación cinematográfica. A través das súas Xuntanzas, tratan temas técnicos, profundan na obra de autores próximos e festexan os eventos relacionados co cinema de animación. Ademais, a asociación tamén organiza talleres e os “Retos McGuffin” de animación. Como un dos seus maiores logros, destaca o Festival Internacional de Curtametraxes de Animación: ANIMACCIÓN, que este ano celebra a súa sétima edición durante o mes de outubro.

SOÑOS DE BEBÉS

MANU VIQUEIRA

Presenta unha curtametraxe que segue ao Dr. I.F.Psyclops, un excéntrico psiquiatra que trata aos seus pacientes conectando os seus soños. Neste caso, realiza un casting de soños con bebés para axudar a sanar os traumas de dez pacientes adultos. A medida que as historias, personaxes e símbolos oníricos se entrelazan, desencadéase unha explosión de sanación ou, talvez, unha experiencia aínda máis traumática. A película mantén un ritmo frenético e mestura estéticas e xéneros para levar ao espectador a través desta viaxe onírica e ecléctica.