By Andrea Rodríguez

PAMELA POLTRONIERI

Pamela Poltronieri naceu en Rovigo, Italia, en 1979. Obtén a súa Licenciatura en Belas Artes en Bolonia e posteriormente especialízase en animación 2D no Centro Sperimentale dei Cinematografia de Turín (Italia).

A partir de 2009, inicia a súa carreira no departamento de Cartoon Network Italia en Londres, onde contribúe na creación de sketches televisivos para a canle. Á súa vez, tamén traballa como animadora freelance para estudios como La Testuggine, Movimenti Production e Enanimation SRL no seu país natal.

Viviu en Manchester e traballou na serie de televisión preescolar “Daisy & Ollie” do estudo CHF Entertainment. Traballou para a BBC nas series animadas “Doctor Who: The Underwater Menace” e “Dad’s Army:The Animations”, e na longametraxe “Charlotte” dos directores Eric Warin e Tahir Ra, xunto aos estudios Yowza! Animation e Walking The Dog.
Desde o 2014 e até a actualidade, reside na Coruña, onde traballa como animadora nas multipremiadas curtametraxes de Alberto Vázquez “Decorado” (Premio Goya a Mellor curtametraxe de animación) e “Homeless Home”, así como nas películas de animación do mesmo autor “Psiconautas, Los niños Olvidados” e “Unicorn Wars”, nesta última como supervisora de animación. Ambas as películas, foron tamén galardoadas co Premio Goya a Mellor película de animación.

En 2023 destaca o seu traballo como directora de animación na curtametraxe “To bird or not to bird” de Martín Romero, que recibiu o Premio Goya a Mellor curtametraxe de animación no pasado ano 2024 e acadou máis de 150 seleccións en festivais nacionais e internacionais e máis de 30 premios.

Actualmente, traballa como directora de animación en “Decorado”, a última película de Alberto Vázquez que se estreará ao longo deste ano.