Programa infantil

IMAXINARIA conta cun programa adicado ao público máis pequeno e familiar

Co fin de achegar a animación menos comercial a todos os públicos, fomentando a curiosidade e o desenvolvemento da creatividade nas xeracións máis novas.

Programa familiar

O programa familiar terá lugar na fin de semana do 13 e 14 de maio.

>> Sábado 13 de maio 11:00 h. Obradoiro familiar de animación con siluetas

No monográfico de creación de siluetas animadas, nenos e adultos aprenderán os recursos básicos para a creación de personaxes con materiais cotiáns e construirán a súa propia marioneta animada. Unha vez construídas as personaxes, realizarase un loop de animación colectivo.

Esta é unha actividade que se enmarca dentro da homenaxe que o festival lle adica a Lotte Reiniger, autora do filme de animación máis antigo que se conserva, e que fixo en 1926 coa técnica da animación por siluetas.

Antes de comezar o obradoiro, os participantes terán a oportunidade de ver unha das moitas curtametraxes de Lotte Reiniger nos que adapta contos clásicos da literatura universal.

Para nenos a partir de 7 anos. Recoméndase que veñan acompañados dun adulto

Imparte Montse Piñeiro

Inscripción de balde ate completar aforo en imaxinaria@afundacion.org  [PRAZAS ESGOTADAS]

Actividade patrocinada por Cabreiroá

>> Sábado 13 de maio 16:00 h. Sección Oficial Familiar

Proxección da Sección Oficial Familiar do festival, cunha selección das mellores curtametraxes nacionais e internacionais do último ano dirixidas a público infantil.

Votación dos asistentes. Curtametraxes candidatas a gañar o Premio do Público desta edición.

>> Domingo 14 de maio 16:30 h. O Meniño e o Mundo

O MENIÑO E O MUNDO

Alê Abreu  |  80 min  |  Brasil  |  2016  |  Tradicional  | Infantil

Un neno pequeno vive coa súa familia nunha idílica zona rural de Brasil, ata que o seu pai ten que ir traballar á cidade. O neno decide emprender unha viaxe para atopalo, unha aventura apaixonante que lle levará a descubrir outro mundo controlado pola tecnoloxía, as máquinas e os medios de comunicación.

Unha viaxe lírica e onírica que ilustra os dilemas do mundo actual baixo a mirada inocente dun neno. Unha excepcional xoia da animación actual. Filme nomeado ao Oscar á Mellor Película de Animación de 2016.

Premios:
Premio Cristal á Mellor Longametraxe – Festival de Annecy 2014
Premio do público – Festival de Annecy 2014
Premio especial do xurado – Festival Internacional de Cinema de Shanghái 2014
Premio da Mocidade – Festival Internacional de Cinema de São Paulo 2013

PROGRAMA ESCOLAR

Actividade dirixida ao alumnado de primaria e que busca que os mais cativos e cativas se familiaricen co formato do festival de cine, coñezan a súa estrutura e aprendan a valorar a creatividade das pezas animadas a través da súa función de xurado, outorgando o Premio do Público Infantil do festival.

As proxeccións terán lugar o xoves 11 e venres 12 de maio pola mañá.

KATZE

Julia Ocker  |  4 min  |  Alemaña  |  2022  |  2D CGI  | Infantil  |  Estrea en Galicia

O gato ten unha receita especialmente deliciosa: Sopa de rato!

THE GOOSE

Jan Míka  |  12 min  |  República Checa / Francia  |  2023  |  Stop-Motion  |  Infantil  |  Estrea en España

Un neno soña con converterse nun futbolista famoso, xogar en grandes estadios, pero primeiro ten que gañar un partido nun pequeno patio traseiro contra un ganso.

META

Antje Heyn  |  4 min  |  Alemaña  |  2022  |  Tradicional  | Infantil

O cambio, a fugacidade, os ciclos, a conexión e a interacción de forma lúdica e experimental. O obxectivo é mostrar que todo consta de moitas partes e que ao final todos estamos conectados entre nós.

LUCE AND THE ROCK [LUCE UND DER FELSEN]

Britt Raes  |  12 min  |  Bélxica / Francia / Países Baixos  |  2022  |  2D CGI  |  Infantil

Un día, da nada, unha xigantesca rocha póusase no medio da pacífica aldea na que vive Loce. As persoas do pobo xa non poden nin sequera abrir a porta das súas casas! Luce enfádase: vaite Roca, non debes estar aquí! E por que estás aquí?

ENTRE DEUX SŒURS [TO BE SISTERS]

Clément Céard & Anne-Sophie Gousset  |  7 min  | Francia  |  2022  |  Tradicional  |  Infantil  |  Estrea en Galicia

Ser irmás trátase de compartir un vínculo especial e rir xuntas. Ser irmás é ser impulsadas polo amor. Pero estas irmás en particular comparten algo un pouco diferente, e iso está absolutamente ben.

LA REINE DES RENARDS [THE QUEEN OF THE FOXES]

Marina Rosset  |  9 min  |  Suíza  |  2022  |  Tradicional  |  Infantil

Coa esperanza de volver facer sorrir á súa raíña, os raposos baixan cada noite á cidade e recollen do lixo as cartas de amor que se enviaron os humanos.

VARKEN [PIG]

Jorn Leeuwerink  |  8 min  |  Paises Baixos  |  2022  |  2D CGI  |  Infantil  |  Estrea en Galicia

Un grupo de animais conecta unha rede eléctrica ao fuciño dun gran porco durmido. Os animais usan a enerxía do porco para cousas simples ao principio, pero pronto se volven dependentes dunha cidade onde todo, o útil e o inútil, está automatizado… Canto tempo pode durar iso?

LE GARÇON ET L'ÉLÉPHANT

Sonia Gerbeaud  |  7 min  |  Francia  |  2022  |  2D CGI  |  Infantil  |  Estrea en Galicia

A chegada dun neno novo a clase provoca un alude de burlas porque ten cabeza de elefante. Un dos alumnos parece confundido pero á vez fascinado por este recén chegado.

BOOM

Charles Di Cicco & Gabriel Augerai & Laurie Pereira De Figueiredo & Romain Augier & Yannick Jacquin  |  6 min  |  Francia  |  2022  |  3D CGI  |  Infantil  |  Estrea en Galicia

Un par de paxaros bobo fan todo o posible para protexer os seus ovos dunha erupción volcánica.