RADAR GALICIA

Galicia ten un potencial prometedor, cunha comunidade crecente de profesionais talentosos e creativos que contribúen ao crecemento e recoñecemento da industria animada na rexión

Bloque dedicado á creación local galega máis recente, cunha selección de curtametraxes realizadas entre 2023 e 2024.

Curtametraxes candidatas a gañar o Premio Radar á mellor curtametraxe galega por votación do público. Trofeo + 500€

>> Sábado 9 de marzo | 10:15h

ILLA CORDURA

Mario Fernández Filloy  |  11 min  | ESPAÑA  |  2023  |  +12

O fareiro da Illa Cordura queda só cando o seu compañeiro marcha a terra firme. Nunha noite de tormenta topa unha carta. A historia que esta relata e o medo á noite en soidade levarano aos límites da loucura.

AVETIMOLOGÍA

Xosé Zapata  |  9 min  | ESPAÑA  |  2024  |  +12

Avetimología é unha curtametraxe de animación que combina as técnicas de stop-motion e 2D, foi encargado por Acción Cultural Española (AC/E) á produtora de animación Sygnatia no marco do Programa cultural da Presidencia española do Consello da Unión Europea 2023, conta a historia de Europa e España a través de distintas especies de paxaros que nos acompañan nunha viaxe pola historia, a arte e a natureza.

IN HALF [A MEDIAS]

Jorge Moiras  |  24 min  | ESPAÑA  |  2023  |  +12

A través da imaxinación dun neno conta a viaxe dun home que, tras caer presa dos seus temores, debe atravesar un mundo estraño, un universo cheo de maxia, onde se lle presentarán os seus medos e conflitos do pasado e onde deberá atopar solucións ao seu destino co fin de descubrir a súa propia identidade.

ALGUÉN ME CHAMOU SERPE NEGRA

Borja Santomé  |  10 min  | ESPAÑA  |  2023  |  +12

A película móstranos a procura dunha serie de personaxes, apenas esbozados, que emprenden unha viaxe física e mental desde a cidade, ruidosa e desordenada, ata alcanzar a costa e os seus novos misterios nunha sucesión de escenas que nos remiten ao descubrimento e a sede de aventuras.

MARCAPÁXINAS [MARCAPÁGINAS]

Miguel Flores Da Costa  |  2 min  | ESPAÑA  |  2023  |  +12

A peza pretende ser un xogo arredor da idea da lectura, sendo unha exploración desde a linguaxe audiovisual. Fíxase no marcapáxinas como un elemento que nos acompaña a través do libro e avanza con nós nas páxinas. A idea da peza é que o marcapáxinas sexa (por unha vez) o protagonista da historia, cobrando vida propia, interferindo no relato como lle apetece e obrigándonos a mirar como se move el, non sendo nós (por unha vez) os que decidimos a súa historia.

TO BIRD OR NOT TO BIRD

Martín Romero  |  9 min  | ESPAÑA  |  2023  |  +12

To bird or not to bird, esa é a cuestión. Unha mirada crítica e calidoscópica do mundo actual contado a través das traxicómicas e esperpénticas vivencias duns paxaros.

CATS [Gatos]

José Garnelo  |  9 min  | ESPAÑA  |  2023  |  +12

Baixo un fermoso ceo estrelado un neno -Ori- sostén un gato baixo cada brazo mentres observa algo que se acha ante el. Ori é un neno apocado, de aspecto tenro e tímido. O seu carácter tranquilo e a súa aversión ao conflito lévanlle moitas veces a manterse ao marxe, gardándose a súa postura e opinións.

ALGUÉN ME CHAMOU SERPE NEGRA

MICHAELA PAVLÁTOVÁ  | 7 min  | República Checa  |  2012  |  +16

Texto