SECCIÓN OFICIAL
SELECCIÓN DE 43 CURTAMETRAXES A COMPETICIÓN
Distribuidos en 6 bloques: 5 para público adulto e 1 para público familiar
Premios
- Gran Premio Imaxinaria: 1.500 €
- Premio Xurado: 1.000 €
- Premio Territorio: 500 €
- Premio do Público: 500 €
- Premio do Público Infantil: 500 €
xurado formado por: Coke Riobóo, Martín Romero , Pamela Poltronieri
BLOQUE 1
PERCEBES
Alexandra Ramires & Laura Gonçalves | 11 min | Francia & Portugal | 2024 | TP
Co mar e o Algarve urbano como pano de fondo, seguimos o ciclo vital completo dun molusco especial chamado percebe.
SHADOWS
Rand Beiruty | 12 min | Francia & Xordania | 2024 | +12
Nun aeroporto abarrotado, Ahlam, unha nai de 14 anos, fuxe de Bagdad, o único lugar que coñece. Mentres loita contra as sombras que a axexan, reflexiona sobre a súa viaxe para recuperar a súa vida.
CUANDO LLEGUE LA INUNDACIÓN
Antonio Lomas Domingo | 6 min | España | 2024 | TP
Nun mundo onde os artistas son seres diminutos nacidos de animais, un falso documental explora a vida de catro irmás, nacidas de ovos de paxaro, que viven completamente illadas da civilización nunha contorna aparentemente idílica.
SOLEIL GRIS
Camille Monnier | 13 min | Francia & Bélxica | 2024 | TP
A piscina está baleira, o sol apreta e a tensión aumenta: a apocalipse ecolóxica anunciada nos medios faise realidase de súpeto.
DARK GLOBE
Donato Sansone | 3 min | Italia & Francia | 2024 | +14
Os seres humanos convirtíronse en máquinas de guerra, destructores imparables de todo o que os rodea. Aínda hai esperanza para o futuro ou estamos atrapados nun pesadelo sen fin?
HURIKÁN
Jan Saska | 13 min | R. Checa & Francia & Eslovaquia & Borsnia | 2024 | +16/+18
Hurikán apresúrase a salvar a súa cervexaría favorita do peche e vai buscar un barril novo para impresionar á camareira de cuxa beleza está namorado.
MAYBE ELEPHANTS
Torill Kove | 17 min | Noruega & Canadá | 2024 | +12
Baseándose unha vez máis na súa historia familiar, a animadora e cineasta Torill Kove, gañadora dun Óscar, reflexiona sobre un capítulo especialmente rico do seu pasado para crear unha película atractiva, encantadora e conmovedora a partes iguais.
BLOQUE 2
CARROTICA
Daniel Sterlin-Altman | 13 min | Alemaña | 2024 | +16
Un adolescente escribe a escondidas no seu dormitorio unha explícita novela erótica gai e a súa nai apaixónase dunha cenoria. Vailles ben…
PERIQUITOS
Alex Rey | 6 min | España | 2024 | +12
O gran director de cine de animación, Hayao Miyazaki, anunciou a súa retirada. Pero as musas da inspiración teñen outros plans para el…
LE TABLEAU
Michèle Lemieux | 13 min | Canadá | 2024 | +12
Animada nunha pantalla de alfinetes, esta película revisita o tráxico destino da raíña Mariana de Austria e o seu retrato de 1652, pintado por Velázquez.
ETORRIKO DA (ETA ZURE BEGIAK IZANGO DITU)
Izibene Oñederra | 13 min | España | 2024 | +12
Unha pequena comunidade que entrou en colapso a causa dunha crise ambiental adáptase como pode á nova realidade. Os habitantes privilexiados viven unha vida hedonista baseada no carpe diem, os outros, sen ningunha outra alternativa, tratan de sobrevivir. Que é o que está por vir? Se non hai nada máis, hai algo que nos poida salvar?
TAKO TSUBO
Fanny Sorgo – Eva Pedroza | 6 min | Austria & Alemaña | 2024 | +12
O Sr. Ham decide que lle extirpen o corazón para liberarse das súas emocións complexas. O médico asegúralle que, na actualidade, este procedemento non supón ningún problema. De natureza reflexiva, o Sr. Ham conserva o seu corazón durante un tempo despois da extracción, coa esperanza de chegar a comprendelo mellor algún día.
LA FILLE QUI EXPLOSE
Caroline Poggi & Jonathan Vinel | 19 min | Francia | 2024 | +16
Durante os últimos tres meses, Candice estivo explotando todos os días. Ás veces incluso dúas ou tres veces ao día. O seu récord é de sete veces. Agora está en 192 explosións en total.
BUNNYHOOD
Mansi Maheshwari | 9 min | UK | 2024 | +12
«Miña nai nunca me mentiría, non?». A inocente Bobby descobre a resposta a esta pregunta cando se ve sorprendida por un viaxe de última hora ao hospital.
BLOQUE 3
AMANHÃ NÃO DÃO CHUVA
María Trigo Teixeira | 11 min | Portugal & Alemaña | 2024 | +12
Na crenza de que a súa nai anciá xa non pode vivir soa, unha muller múdase de novo á casa dos seus pais. Mentres se adapta á súa nova vida, a súa nai parece ir á deriva cara a outro mundo.
SILENT PANORAMA
Nicolas Piret | 5 min | Bélxica | 2024 | +12
Debuxada e animada ao longo dun só papel polo artista e cineasta Nicolas Piret, esta obra combina os sons reais escoitados por dous campistas cunha impresionante representación visual do mundo natural no seu estado máis sorprendente e máxico.
EL CAMBIO DE RUEDA
Begoña Arostegui | 9 min | España | 2024 | +12
O pinchazo dunha roda sorprende á protagonista viaxando de copiloto nun coche. Parada no beiravía mentres observa como o condutor cambia a roda, pregúntase se ese camiño transcorre na dirección acertada.
ADIÓS
José Prats | 8 min | UK | 2024 | +12
Pedro, de 72 anos, está intentando facer fronte á marcha inminente da súa casa do seu fillo. Alex, de 38 anos, conseguiu un traballo como enfermeiro en Inglaterra e sabe que a súa mudanza será difícil para o seu pai. Mentres saen nunha última cacería, chea de palabras e sentimentos reprimidos, descobren que a súa cadela Canela tragou veleno para raposos. Alex e Pedro afrontan esta traxedia desde puntos de vista opostos.
THE ROUTE
Babak Beigi | 19 min | Irán | 2024 | +16
No corazón dun mundo sombrío e desolado, un camioneiro vese envolto nun deber aterrador: transportar ás vítimas ao pelotón de fusilamento. Nos primeiros días, loita contra a crecente angustia interior, buscando refuxio da terrible verdade ignorando conscientemente as lúgubres imaxes e sons que o rodean. Porén, o destino dá un xiro macabro unha noite fatal, obrigándoo a enfrontarse á aterradora realidade dunha execución inminente.
INTERMISSION
Milo Bonnard | 10 min | UK | 2024 | +12
Petar Dušković, un mozo solitario, acude a un concerto de música clásica coa esperanza de emocionarse, pero sen éxito. Durante o descanso, o afán dos que o acompañan no concerto por compartir como conectaron coa actuación só serve para aumentar a súa sensación de desconexión, que esperaba que a música lle axudase a superar esa noite.
LES FILLES C'EST FAIT POUR FAIRE L'AMOUR
Jeanne Paturle & Cécile Rousset & Jeanne Drouet | 16 min | Francia | 2024 | +12
No consultorio dun sociólogo, tres mulleres alternan para falar sobre a súa vida sexual. As súas historias entrelázanse e nos levan por camiños de emancipación ás veces cómicos, ás veces difíciles. Trázase así un percorrido sensitivo, da muller desexada á muller desexante.
BLOQUE 4
PLUS DOUCE EST LA NUIT
Fabienne Wagenaar | 18 min | Francia | 2024 | +12
África Occidental, comezos dos anos sesenta. Un oficial francés recibe o encargo de atopar a un misioneiro desaparecido. A súa investigación, no medio da desconfianza, o silencio e os prexuízos, lévano lonxe da resplandecente costa, onde o día e a noite se converten nun.
CIRCLE
Joung Yumi | 7 min | Corea del Sur | 2024 | +12
A nena debuxa un círculo no chan. Os transeúntes entran nel, un a un. Pronto o círculo enchérese de xente, que loita por manterse dentro.
VOLCELEST
Éric Briche | 14 min | Francia | 2024 | +12
O inverno xa está aquí. Para sobrevivir, Fuseline, a pequena donicela, obrigada pola falta de comida, escapa da súa contorna salvaxe e instálase preto dunha granxa illada cos seus polos. A súa chegada ameaza a precaria existencia do home que vive alí.
MATER BENEFACTA
Marc Riba & Anna Solanas | 12 min | España | 2024 | +12
Nun convento da España franquista, as monxas ofrécenlle aloxamento ás mozas que o necesitan.
DOS MENOS
Taroa Zúñiga | 8 min | Chile & Venezuela | 2024 | +16
Dúas mozas migrantes morren en circunstancias escuras nas que interveñen corpos represivos do Estado chileno. Falando dende o máis alá, Juana e Beatriz fálannos da súa decisión de emigrar, das súas esperanzas e dos seus soños de maternidade. Pero tamén de como o país ao que chegaron se transformou nun ring de boxeo que as acurralou e ameazou ata a morte. Cambiu algo en 44 anos?
GLASS HOUSE
Boris Labbé | 5 min | Francia | 2024 | +12
Glass House é unha obra videosónica, unha experiencia de inmersión disruptiva. É a Torre de Babel de cristal, un caleidoscopio de beleza hipnótica. É unha sensación, mestura de atracción e repulsión, tomada das novelas de ciencia ficción
TENNIS, ORANGES
Sean Pecknold | 11 min | USA | 2024 | TP
Unha aspiradora robótica que sofre de esgotamento deixa o seu traballo nun hospital e disponse a atopar unha comunidade e un propósito maior.
BLOQUE 5
SHOES AND HOOVES
Viktoria Traub | 14 min | Hungría | 2024 | +12
Paula, a rapaza centauro, atopa o amor, pero agora debe enfrontarse por fin a si mesma, aos seus desexos e aos dilemas da conformidade e a autoaceptación.
MONT NOIR
Jean-Baptiste Peltier – Erika Haglund | 15 min | Francia / Portugal | 2024 | +12
En Mont Noir, Marguerite sufriu tres grandes perdas: a da súa nai, a do seu can e a da súa coidadora. Medrou soa, cos animais e a natureza como principais compañeiros. Proponse converterse en escritora.
SOBRE EL ROSTRO
Uxía Larrosa Villanueva | 1 min | España | 2024 | TP
“Sobre o Rostro” é unha peza de animación experimental que parte da imaxe dun bodegón para ir animando os obxectos que o compoñen a través de xogos coa luz e a sombra. Busca ser unha reflexión sobre a identidade e sobre como ás veces nos vemos encerrados tras as máscaras que nos construímos a nós mesmos.
PLEVEL
Pola Kazak | 14 min | R. Checa | 2024 | +12
Lonxe, moi lonxe, hai campos interminables cubertos de maleza. No medio destes campos, hai un xardín oculto cheo de fermosas flores cultivadas.
BUFFET PARAÍSO
Héctor Zafra – Santi Amézqueta | 8 min | España | 2024 | +12
Nun restaurante buffet, un grupo variado de personaxes acceden a unha gran variedade de exquisitos manxares sen ser conscientes do grave pecado que representa a gula.
PAPILLON
Florence Miailhe | 15 min | Francia | 2024 | +12
No mar, un home nada. Mentres o fai, os recordos afloran á superficie. Dende a súa máis tenra infancia ata a súa vida de home, todos os seus recordos están relacionados coa auga. Algúns son felices, outros gloriosos, outros traumáticos. Esta historia será a do seu último baño. Levaranos da fonte ao río – das augas dos estanques da infancia ás das piscinas – dun país norteafricano ás beiras do Mediterráneo – dos estadios olímpicos ás concas de retención de auga – do campo de concentración ás praias soñadas de Reunión.
FLOWER SHOW
Sean Pecknold | 15 min | Finlandia | 2024 | +12
As rapazas foron cultivadas como flores durante xeracións. Necesitamos máis tempadas de cultivo para introducir novas formas no sistema.