TALENTO NOVO
Programa que pon o foco no prometedor futuro de Galicia, destacando, por un lado, o potencial das novas xeracións que se están a formar aquí
CONCURSO
- Concurso de pezas animadas en formato cortinilla do festival.
Convocatoria dirixida a estudantes (maiores de 18 anos) que estean a cursar estudos no ámbito artístico, audiovisual ou da animación. E a Graduados/as nestas mesmas disciplinas no ano 2024. O centro onde cursen ou cursasen os estudos debe estar localizado na cidade de A Coruña.
Os proxectos presentados visualizaranse nunha sesión aberta ao público xeral onde a organización do festival outorgará o Premio Talento Novo, dotado con 600€ e dous accésits dotados con 200€ cada un.