TÉCNICAS DIXITAIS

Sección que busca poñer o foco nos avances dixitais á hora de crear unha produción animada, dende o coñecemento de novos softwares, ata o visionado de creacións audiovisuais innovadoras no sector.

>> CHARLA SOBRE DIRECCIÓN E TÉCNICAS DE ANIMACIÓN CON KHRIS CEMBE

Khris Cembe é director, animador e guionista. Membro da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, premio Mestre Mateo pola súa multipremiada curtametraxe Soy una tumba (2018) e director de animación de Unicorn Wars (2022) de Alberto Vázquez. Durante a charla, repasará o seu traballo e as diferentes ferramentas empregadas no proceso de animación, coma o software Grease Pencil.

>> PROXECCIÓN DO FILME UNICORN WARS de Alberto Vázquez

Longametraxe galega que se fixo integramente co software Grease Pencil, gañadora de numerosos premios, incluído o Goya á Mellor Longametraxe de Animación en 2023. Alberto Vázquezfará unha presentación previa á proxección.

UNICORN WARS

Alberto Vázquez  |  91 min  |  España / Francia  |  2022  |  2D CGI  |  Fantástico

O exército osiño adoutrina a novos recrutas para a guerra que libran contra os unicornios e ameaza a seguridade do seu pobo. Os irmáns Azulín e Gordi, xunto a un inexperto grupo de recrutas, serán enviados a unha perigosa misión para salvar o Bosque Máxico.

MUNDOS DIXITAIS

Sesión de curtametraxes 3D

presentada por Manuel Meijide, director do prestixioso congreso Mundos Digitales (A Coruña). Proxectaranse as curtametraxes finalistas programadas na pasada edición do certame.

FRANCESKA

Alberto Cano  |  7 min  |  España  |  2021  |  3D

A fría noite cubre o vello castelo dos Frankenstein. Victor, o científico disposto a desafiar á mismísima ciencia disponse a realizar o seu plan máis ambicioso: devolver á vida á súa admirada Franceska. Coa colaboración, ou non, de Igor, o seu inestimable e namorado axudante; Victor enfrontarase ao maior reto da súa carreira.

GENETHIC

Laia Batlle  |  3 min  |  España  |  2021  |  3D

Por primeira vez, unha adorable criatura sairá a ver o mundo exterior. Alí atoparase cun mundo cheo de maxia e aventuras por percorrer, pero… será todo tan bonito como parece?

WAYBACK

Carlos Salgado  |  8 min  |  España  |  2021  |  2D/3D

Nos confíns da galaxia, un explorador espacial recolle unha planta nun misterioso planeta, pero o seu camiño de volta complicarase, poñendo a proba a súa determinación.

COMBUSTIBLE

Benoit Brissiaud & Louis Grossot & Quentin Maillet & Betty Natale & Pierre Picquot  |  7 min  |  Francia  |  2021  |  3D

Gustavo traballa nunha gasolineira illada, que se atopa na ladeira dunha montaña. Molestado polos seus poucos clientes e asfixiado polo aburrimento, loita por seguir enfrontando a realidade.

MERRY BIG MESS

Antoine Tomasi & Amaury Emond & Sacha Gosselin & Arthur Morle & Thimothé Ballan & Clémence Van Gout & Hugo Joron & Ambre Bohin  |   7 min  |  Francia  |  2021  |  3D

Na noite de Nadal, Papá Noel fai a súa rolda como de costume. Pero esta noite, ten que enfrontarse a un fogar inusual: un que non parece estar a esperar ningún agasallo.

THE MONKEY

Xosé Manuel Zapata & Lorenzo Degl’Innocenti  |  16 min  | Portugal / España  |  2021  |  3D

1588. Un náufrago da Armada Invencible enviada por Felipe II desde Lisboa para conquistar Inglaterra é capturado nunha praia de Irlanda. Alí é xulgado, declarado culpable e aforcado ata a súa morte. Todo sería moi razoable seguindo as leis da guerra e o odio entre os seres humanos, o problema é que o prisioneiro é un mono.

THE SOLOISTS

Yi Liu & Feben Elias Woldehawariat & Razahk Issaka & Mehrnaz Abdollahinia & Celeste Jamneck  |  8 min  |  Francia  |  2021  |  3D

Nun pobo gobernado por leis ridículas, dúas anciás e o seu can prohibido veñen de perder á súa irmá e necesitan atopar un cantante de substitución para a súa próxima actuación.