Cedida por Giovanna Lopalco

Giovanna Lopalco

É unha ilustradora, deseñadora de fondos e directora italiana.

Desde 2009 traballa como background artist. Entre os proxectos nos que participou atópanse Unicorn Wars, Sangre de Unicornio, Psiconautas, The Forgotten Children, Decorado (Alberto Vázquez), Kérity, la maison des contes, Pinocchio (Enzo d’Alò) e Ethel and Ernest (Raymond Briggs), entre outros. A súa primeira curtametraxe como directora, Season (2019), foi coproducido con Insolence Productions (Francia).

Vive en Galicia, na Coruña, desde 2011, onde continúa creando, investigando e medrando como artista. Pelo di Cane é unha especie de alter ego ou marca persoal que engloba os seus traballos, os cales se moven entre a animación, a cerámica e a ilustración.

O Laúro é o seu segundo curtametraxe de animación como directora, actualmente en fase de preprodución.