Festival Internacional de Animación AFUNDACIÓN

IMAXINARIA é un festival internacional de cine de animación que ten lugar en na cidade da Coruña, impulsado por Afundación

Aftermovie 2025

Un proxecto que busca promocionar e dar a coñecer a animación audiovisual menos comercial ao público xeral, e funciona, también, como punto de encontro de profesionais do sector, onde Galicia ten unha ampla e recoñecida tradición innovadora. Dirixen o festival Matilde Rodríguez, comisaria da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC), e o realizador Alberto Vázquez, referente na animación actual, gañador de numerosos premios nacionais e internacionais

programa

Todas las proxeccións e actividades terán lugar na sede de Afundación [Cantón Grande, 8 – A Coruña]

O programa do festival consta dunha Sección Oficial onde compiten un total de 38 curtametraxes (12 estreas en España, 13 estreas en Galicia e 1 estrea europea), e un Programa Paralelo composto por diferentes seccións temáticas, charlas, longametraxes, retrospectivas, etc.

CONVIDADXS

Imaxinaria cOnta coa participación de destacadas personalidades do mundo da animación

Participan activamente no festival a través de coloquios, charlas maxistrais e formando parte do xurado profesional, compartindo así o seu valioso coñecemento e experiencia no sector

Cultura por alimentos

Imaxinaria forma parte do programa “Cultura por Alimentos” unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL. O prezo da entrada será doado íntegramente al Banco de Alimentos local.

EDICIÓNS ANTERIORES

Accede aos contidos das nosas tres primeras edicións

Aftermovie, trailer, invitados/as, programa, premiados e galería