PROGRAMA FAMILIAR
O programa familiar de IMAXINARIA busca achegar a animación de calidade a públicos de todas as idades, ofrecendo experiencias cinematográficas que fomentan a creatividade, a curiosidade e o achegamento ao cinema como espazo compartido.
Nesta edición, o festival aposta por dúas longametraxes moi especiais: unha proxección musicalizada en directo dun clásico da animación, e unha obra mestra contemporánea que combina poesía visual e emoción. A estas propostas súmanse a xa clásica Sección Oficial Familiar, dedicada aos primeiros espectadores, e un obradoiro creativo de iniciación á animación.
>> SECCIÓN OFICIAL FAMILIAR (IDADE RECOMENDADA +5)
- Sábado 14 de marzo a las 16:00 h
A Sección Oficial Familiar reúne unha coidada selección das mellores curtametraxes nacionais e internacionais dirixidas ao público infantil. Historias cheas de creatividade, tenrura, humor e diversidade estilística, pensadas para introducir os máis pequenos no cinema independente e na linguaxe da animación contemporánea.
O público infantil será o protagonista desta sesión: votará a súa curtametraxe favorita e outorgará o Premio do Público Infantil, un dos galardóns máis simbólicos do festival.
>> LONGAMETRAXES
>> Sábado 14 de marzo a las 12:00h – Kirikú e a bruxa
Michel Ocelot | 74 min | Francia | 1998 | +6
Kirikú e a bruxa é unha das películas máis emblemáticas da animación europea, unha fábula chea de maxia, cor e sabedoría inspirada na tradición oral africana. IMAXINARIA ofrece unha experiencia única coa súa proxección acompañada en directo pola reinterpretación musical de Rosin de Palo, que transformará o clásico nun evento sensorial e memorábel.
Un encontro extraordinario entre cinema e música en vivo, pensado para envolver tanto a nenos como a adultos na beleza da narración animada.
>> Domingo 15 de marzo a las 16:30h – ARCO
Ugo Bienvenu | 89 min | Francia | 2025 | +7
ARCO sitúase no ano 2075 e segue a historia de Iris, unha nena de dez anos que ve caer do ceo a un misterioso rapaz cun, Arco, a quen decide acoller e axudar a regresar ao seu fogar. A partir desta premisa sinxela, a película constrúe unha fábula futurista e profundamente humana sobre a amizade, a empatía e a infancia nun mundo tecnoloxizado. Dirixida por Ugo Bienvenu, a obra destaca pola súa identidade visual elegante e unha marcada sensibilidade autoral, consolidándose como unha das longametraxes de animación máis relevantes do panorama recente. Aclamada por público e crítica, Arco foi a gañadora no Festival de Annecy e alzouse co Premio á Mellor Película de Animación nos Premios do Cinema Europeo 2026, ademais de estar nomeada aos Globos de Ouro e aos Oscars, entre outros.
OBRADOIRO ILUSIÓNS ÓPTICAS E PRE-CINE
Obradoiro impartido por Montse Piñeiro
DÍA E HORA
Sábado 14 de marzo, ás 17:45 h
DURACIÓN
2 horas
PÚBLICO DESTINATARIO
Público xeral a partir de 8 años
(Recoméndase que as crianzas vaian acompañadas dunha persoa adulta)
DESCRICIÓN
Obradoiro monográfico centrado nas ilusións ópticas do século XIX, que achega ao universo do pre-cinema e aos inventos que deron orixe ao cinema de animación. A actividade combina contidos teóricos e prácticos, abordando a persistencia da visión mediante o uso de praxinoscopios e a creación dunha tira animada, así como o coñecemento doutros dispositivos históricos como o traumatropo e os zootropos.
SECCIÓN OFICIAL FAMILIAR
POISSON NUAGE
Noé Garcia | 5 min | Francia & Bélxica | 2025 | +3
Un peixe moi pequeno navega por unha enorme cidade submarina. ¿É demasiado pequeno para ver o mundo como o ven os grandes?
ONCE UPON A TIME THERE WAS A MOUNTAIN
Natalia Abramova | 5 min | Rusia | 2025 | +3
A gran montaña vivía en paz, pero un día chegou xente…
SOC AIGUA
Roser Cusó | 6 min | España | 2025 | +3
Unha pinga de auga precipítase desde unha nube e cae sobre unha nena que sofre as consecuencias da seca. Xuntas emprenden unha viaxe para chegar ao mar, durante a cal a pinga comproba os problemas da falta de auga que poñen en perigo a vida da nena e do resto da comunidade.
ESQUISSES SUR GLACE
Marion Auvin | 4 min | Francia & Bélxica | 2025 | +3
¡Nevou! Lou e Marius están a xogar na rúa, facendo un boneco de neve. Pero mamá chámaos para que volvan á casa: ¡Marius ten que practicar co clarinete e Lou ten que facer os deberes! ¡Pfff!… Lou abre o seu caderno e comeza a facer os exercicios. Marius toca unhas notas vacilantes, pero… ¡incrible! Fóra, o boneco de neve moveuse.
STUPID DOG
Daria Ishcheykina | 3 min | Rusia | 2025 | +3
Hai tempo que as parvas trasnadas dos cans sacan de quicio aos seus donos. Pero, hai algún significado oculto tras elas?
DER STACHEL IM PO
Daria Ishcheykina | 5 min | Croacia | 2025 | +3
O ourizo está a piques de entrar en hibernación cando se decata de que lle falta unha das súas púas. Está atrapada no traseiro do can de Lena, de entre todos os lugares posibles. Recuperala non será doado…
THE SKY WAS CANDY
Anh Tú Nguyen | 3 min | Alemaña | 2025 | +7
Nunha mañá soleada, un neno pequeno sae xogar. Sobe a unha maceira amarela e atopa un paxaro azul polo camiño.
PICCOLO PICCOLO
Marta Gennari | 8 min | Francia / Suíza | 2025 | +7
Un ratiño, desexoso de esquecer as súas pequenas preocupacións, decide un día escalar unha montaña moi alta.
LA CARPE ET L'ENFANT
Isabela Costa | 8 min | Francia & Bélxica | 2025 | +7
Nun mundo abandonado, un pequeno roedor deambula na procura de vida. Un día, descobre unha casa cuberta de flores, un auténtico oasis no medio das ruínas. Alí, ten un encontro inesperado cun xigante…
SNOW BEAR
Aaron Blaise | 11 min | USA | 2025 | +7
A historia dun oso polar nun ambiente implacable na procura dun amigo.