Iria López
Iria López é unha directora de arte e animación galega afincada en Londres. Tras completar a súa licenciatura en Belas Artes en Pontevedra, trasladouse á capital británica onde realizou un Master en Comunicación e Deseño na prestixiosa Central Saint Martins. Foi honrada coa bolsa da “Fundación Barrié da Maza”, o que lle permitiu completar un segundo máster en Dirección de Animación na Escola Nacional de Cinema e Televisión, graduándose en 2012.
Desde entón, traballou como directora, animadora e deseñadora en recoñecidos estudios como Picasso Pictures, Blink Ink, Electric Theatre Collective, The Line, Animade, Passion Pictures, e Partizan, entre outros. En 2013, xunto á sua colega Daniela Negrin Ochoa, comezaron a traballar como directoras a dúo en “Wednesday Collective” e dous anos máis tarde decidiron cofundar Wednesday Studio, onde desenvolven unha exitosa traxectoria profesional no campo da animación contemporánea para publicidade, colaborando con clientes de renome como Netflix, Microsoft, Ebay, Airbnb, entre outros.
En 2012, Iria López destacou como directora coa súa aclamada curtametraxe “Jamón”, a cal recibiu numerosos premios e recoñecementos. Considerada como un referente no ámbito da animación contemporánea a nivel internacional, é experta en dirección de arte e publicidade.