Khris Cembe (Madrid, 1983) é animador, director e guionista. Forma parte da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. Comezou a súa carreira na famosa web serie Cálico Electrónico (2004-2015). Foi responsable da cor, o desenvolvemento visual e a animación da premiada curtametraxe Birdboy (2010), gañador do Premio Goya a mellor curta de animación. Foi director de animación da longametraxe Psiconautas, los niños olvidados (2015) e a curtametraxe Decorado (2016), ambos traballos galardoados en festivais de todo o mundo.
Coa curtametraxe Viaje a pies (2015), estreada na competición do prestixioso Festival de animación de Annecy, debutou como director e guionista. A súa segunda e multipremiada curtametraxe, Soy una tumba (2018), estreouse na selección oficial do Festival Internacional de Clermont-Ferrand, acadando tamén a nomeación aos premios Goya.
Asumiu a dirección de animación e o deseño de personaxes en Homeless Home (2020), primeira curtametraxe española en recibir o premio de Xurado no festival de Annecy. Foi asistente de dirección da aclamada película de Alberto Vázquez, Unicorn Wars (2022), na que ademais se encargou da dirección e deseño de animación, o storyboard e o deseño de personaxes. Unicorn Wars gañou multitude de premios, incluíndo o último Premio Goya á Mellor Película de Animación.
Na actualidade está a escribir Matanza, a súa primeira longametraxe.