COKE RIOBÓO
Músico, compositor e animador, Coke Rioboó é unha das voces máis reivindicativas da animación española das últimas décadas. Dirixiu e animou cinco curtametraxes, unha serie para internet e varios proxectos comerciais. Tamén compuxo a banda sonora de varias curtametraxes e tres longametraxes e ensina animación en talleres ao redor do mundo. Especialista en stop motion, interesouse por varias vertentes da técnica como a plastimación, a plastilina sobre cristal ou a animación de miniaturas. Os seus proxectos persoais son unha mestura de virtuosismo coa animación, o humor e o compromiso social e político.
Dende hai varios anos colabora coa AECID, Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, impartindo talleres e cursos de animación por distintas embaixadas, sobre todo en África e Latinoamérica, para concienciar sobre a infancia, a inmigración e a explotación dos recursos. Tamén colaborou con ONGs como Intermon Oxfam.
A súa curtametraxe El viaje de Saíd (A viaxe de Saíd), que se centra no drama da inmigración, alzouse co Goya á Mellor Curtametraxe de Animación na edición de 2007.