David Fidalgo Omil
David Fidalgo Omil (Lugo 1989) é graduado en Belas Artes, o que lle leva a compaxinar as súas dúas paixóns, o cinema e a arte, converténdose nun destacado realizador de animación a nivel nacional, cun carácter e estilo moi persoal.
Coas súas curtametraxes de animación, Cartas a Superman (2016), Homomaquia (2019) e SANDWICH CAT (2022), leva anos participando en diferentes festivais de cinema por todo o mundo como SXSW, BAFICI, STUTTGART, ANIMA, GIFF, AFI FEST, etc. acumulando varios recoñecementos como o Nomeamento aos Premios Goya 2020, o Premio do Público do SXSW, o Melies D’ Argent no Grossman, o Premio do Público do Festival de Málaga, dous Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, o Premio do Público do Imaxinaria, etc.