PROGRAMA ESCOLAR
O Programa Escolar de IMAXINARIA está dirixido ao alumnado de primaria de Galicia e ten como obxectivo achegar o cinema de animación aos máis pequenos, familiarizalos coa estrutura dun festival e convidalos a descubrir a creatividade e diversidade da animación contemporánea. A través desta actividade, os nenos e nenas experimentan o papel de xurado, aprendendo a observar, avaliar e expresarse a partir das obras que ven en pantalla.
As sesións desenvolveranse nas mañás do 12 e 13 de marzo e estarán organizadas en dous bloques adaptados a diferentes idades:
- 3 a 7 anos
- 8 a 12 anos
Deste modo, cada grupo contará cun programa específico, pensado para axustarse aos seus intereses, comprensión e capacidade de participación.
A selección incluirá curtametraxes realizadas entre 2025 e 2026, que ofrecen unha rica variedade de temas, estilos e puntos de vista. As historias abordarán valores sociais, éticos e educativos, sempre desde unha perspectiva lúdica e accesible, garantindo unha experiencia enriquecedora e divertida.
PREMIO DO PÚBLICO INFANTIL
Ao rematar cada sesión, os nenos e nenas votarán a curtametraxe que máis lles guste, exercendo como verdadeiros membros dun xurado. A obra máis votada recibirá o Premio do Público Infantil, dotado economicamente, converténdose nun recoñecemento especialmente significativo por proceder directamente das miradas máis novas do festival.