SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO
O festival ofrecerá 6 bloques de curtametraxes oficiais a competición, nos que o público poderá descubrir unha ampla selección das obras máis destacadas do panorama internacional, nacional e galego realizadas nos anos 2025 e 2026. A programación busca reflectir a diversidade estilística, temática e técnica da animación contemporánea, dando visibilidade tanto a novos talentos como a creadoras e creadores de traxectoria consolidada
>> PROGRAMADOR DA SECCIÓN OFICIAL DE IMAXINARIA: Severiano Casalderrey
A estrutura da competición distribúese da seguinte maneira:
- 5 bloques dirixidos ao público adulto, cuhuna selección pensada para poñer en valor a innovación, a autoría e a calidade artística deas obras.
- 1 bloque específicamente orientado ao público familiar, cunha proposta accesible e atractiva para todas as idades, favorecendo a participación de novos públicos no ámbito da animación menos comercial.
CATEGORÍAS
O xurado, formado por profesionais do sector da animación, será o encargado de valorar as obras a concurso e outorgar os seguintes galardóns, que recoñecen diferentes dimensións da creación animada:
- Gran Premio Imaxinaria — 1.500 €
Concedéselle á mellor curtametraxe da edición, distinguindo a excelencia artística e técnica da obra.
- Premio do Xurado — 1.000 €
Recoñece unha obra destacada pola súa creatividade, innovación ou narrativa, segundo o criterio profesional do xurado.
- Premio Territorio — 500 €
Recoñece a mellor obra realizada no ámbito estatal, salientando a diversidade e calidade da creación nacional.
Por votación popular
- Premio do Público — 500 €
Escollido polas persoas asistentes ao festival, pon en valor a conexión emocional e o impacto das obras na audiencia adulta.
- Premio do Público Infantil — 500 €
Votado polo público máis novo, subliña o compromiso do festival coa formación de novos espectadores e espectadoras.
BLOQUE 1
>> mércores 11 de marzo ás 18:30h
COMO SI LA TIERRA SE LAS HUBIERA TRAGADO
Natalia León | 14 min | Francia | 2025 | TP
Olivia, unha moza que vive no estranxeiro, regresa á súa vila natal en México coa esperanza de reencontrarse co seu pasado
LA JEUNE FILLE QUI PLEURAIT DES PERLES
Chris Lavis & Maciek Szczerbowski | 17 min | Canadá | 2024 | +12
Neste universo desencantado e poboado de marionetas cobizosas, a vida dun orfo cambia grazas a un descubrimento extraordinario. Teñen todos os corazóns, incluso os máis puros, un prezo de compra?
KOSMOGONIA
Karolina Chabier | 15 min | Francia & Polonia | 2025 | TP
Nunha noite infinita, a Gran Deusa, unha deusa búfala, atópase coa Pequena Deusa, unha deusa cabra. Nace unha amizade e con ela un novo mundo: as estrelas, o sol, a terra e os seres vivos. Os animais emerxen das augas, medran, e un bosque exuberante florece. A medida que o mundo evoluciona, as dúas deusas séntense asoballadas polo seu poder de creación
ARGUMENTS IN FAVOR OF LOVE
Gabriel Abrantes | 9 min | Portugal | 2025 | TP
Ambientada nun ermo dixital inundado e en chamas, as pantasmas debaten sobre as probas xenéticas, a dor e o amor.
PINCHU ES ASÍ
Carmen Córdoba González | 9 min | España | 2025 | +14
Só Bea é quen de velo sen filtros, tal e como é en realidade, aínda que esa experiencia traumática quizais a obrigue a cuestionarse se ela non estará xustificando do mesmo xeito o comportamento dun ser moi querido.
MORE THAN HAPPY
Wei Keong Tan | 7 min | Singapur | 2025 | +16
Imaxes oníricas, unha banda sonora evocadora e unha fusión perfecta de técnicas de animación confiren unha aura claramente melancólica ás conversas íntimas entre dúas parellas homosexuais na profunda e conmovedora reflexión de Wei Keong Tan sobre o amor, a familia e a amizade
BLOQUE 2
>> xoves 12 de marzo a las 16:30 h
JERVASIO
Felix Bollain & David Rosel | 5 min | España | 2025 | +16
A mañá despois do seu 27 aniversario, Jervasio vai camiño do traballo nas aforas de Madrid cando o revisor de quenda o sorprende cun abono que non lle pertence. Isto provoca un enfrontamento tan hostil como cómico, no que Jerva se rebela contra a autoridade e decide que, pase o que pase, baixará do tren ao chegar á súa parada —a última da liña—.
TAPEWORM ALEXIS & THE OPERA DIVA
Thaïs Odermatt | 11 min | Suiza | 2025 | +12
A solitaria Alexis axuda a Maria Callas a ascender a «Prima Assoluta», unha historia de éxito que remata no maior escándalo operístico de todos os tempos: a voz da diva falla e o dream team ten que agocharse
LA MORT DU POISSON
Eva Lusbaronian | 13 min | Francia | 2025 | +12
Unha nena tenta evitar que a súa nai se afogue na depresión tras a morte dun peixe.
AN-GYEONG
Yumi Joung | 16 min | Corea do Sur | 2025 | +12
Yujin rompe as súas gafas e vai a unha óptica. Durante un exame visual, ve unha casa no campo e atópase dentro dela. Alí coñece tres eus na sombra, reconcíliase con eles e adquire unha nova perspectiva. Finalmente, abandona a casa e merca unhas gafas novas.
CE QU'ON LAISSE DERRIÈRE
Alexandra Myotte & Jean-Sébastien Hamel | 11 min | Canadá | 2025 | +12
Na visceral e esgazadora animación de Alexandra Myotte e Jean-Sébastien Hamel, un home regresa ao lugar onde sufriu un trauma infantil para curar a ferida aberta no seu pescozo e atopar unha parte de si mesmo que deixou atrás.
CÃO SOZINHO
Marta Reis Andrade | 13 min | Portugal | 2025 | +16
A historia real dun can abandonado na súa propia casa, nun momento no que o meu avó empezaba a quedar viúvo e eu volvía de Londres, onde me sentín máis soa ca nunca.
BLOQUE 3
>> venres 13 de marzo ás 17:00 h
THE POOL OR DEATH OF A GOLDFISH
Daria Kopiec | 14 min | Polonia | 2025 | +12
Unha historia sobre a relación posesiva entre unha nai e a súa filla. A filla, pola ira non expresada e a rebelión contra a súa nai, transfórmase nun peixe dourado. As súas emocións infantís reprimidas maniféstanse na súa dureza cara a si mesma e cara aos demais.
LUCUS
David Fidalgo | 14 min | España | 2025 | +12
En pleno Imperio Romano, unha moza vive dentro das murallas de Lucus Augusti (Lugo). Sofre visións da destrución do seu fogar e decide que debe impedilo.
WATER GIRL
Sandra Desmazières | 15 min | Francia | 2025 | +12
Mia pasou toda a súa vida mergullándose a pulmón, pescando e deslizándose entre as algas e as rochas. O tempo pasou, trazando as súas liñas no seu corpo e modelando as paisaxes ao seu redor. As persoas queridas desapareceron. Esta noite, Mia lembra.
FUTSU NO SEIKATSU
Yoriko Mizushiri | 10 min | Xapón & Francia | 2025 | +12
A vida ordinaria repítese cada día. A sucesión de momentos que repetimos unha e outra vez nunca é a mesma, e todo cambia e treme. No momento en que tocamos algo, a nosa conciencia pode ir a un lugar que non existe nin no pasado nin no futuro. Nun mundo incerto e cambiante, só a sensación do corpo tocando algo, que só existe nesta realidade presente, pode recoñecerse como «agora». Ese momento é encantador.
WORLD AT STAKE
TOTAL REFUSAL (Susanna Flock & Adrian Jonas Haim & Jona Kleinlein) | 17 min | Austria | 2025 | +16
Un equipo de fútbol quenta motores para a final da Copa do Mundo, un golfista prepárase para dar o seu primeiro golpe e un dúo de rallies emprende unha proba de condución, mentres o seu público observa con impaciencia. O ambiente é tenso, achégase unha tormenta, pero todas as miradas permanecen fixas no partido. Con imaxes maxistralmente manipuladas de FIFA 23, PGA Tour 2K21 e DiRT Rally 2.0, Total Refusal (Susanna Flock, Adrian Jonas Haim, Jona Kleinlein) deixa ao descuberto as regras do xogo
BLOQUE 4
>> venres 13 de marzo ás 21:30 h
MON NOM EST LILITH
Leo Luna Robert-Tourneur | 14 min | Bélxica | 2025 | +12
O meu nome é Lilith, son a primeira muller creada ao mesmo tempo ca Adán. O meu encontro con Eva romperá os estereotipos nos que estivemos encerradas.
LA VIE AVEC UN IDIOT
Theodore Ushev & Alexandra Ushev | 18 min | Francia | 2025 | +12
O meu nome é Lilith, son a primeira muller creada ao mesmo tempo ca Adán. O meu encontro con Eva romperá os estereotipos nos que estivemos encerradas.
DZISIAJ PRZYŚNI MI SIĘ WODA
Adrianna Matwiejczuk | 14 min | Polonia & Estonia | 2025 | +12
A vida dunha moza nadadora cambia drasticamente cando comeza a sospeitar que aquilo que máis ama é, en realidade, a súa maior ameaza. Unha historia escura sobre o que se agocha baixo a superficie.
SULAIMANI
Vinnie Ann Bose | 20 min | Francia | 2025 | +12
Unha noite, Alia e Neena, dúas mozas indias, cean en Sulaimani, un restaurante indio de París. A cea esperta emocións soterradas e «desata» certos recordos que pouco a pouco revelan por que abandonaron o seu país…
POBRE MARCIANO
Álex Rey | 7 min | España | 2024 | +16
O nome que che dan ao nacer pode marcar o teu destino. Diso sabe moito Marciano, que só quere un amigo con quen cantar… Pero o universo sempre conspira para que os teus soños se fagan realidade.
BLOQUE 5
>> sábado 14 de marzo ás 21:45h
PORQUE HOJE É SÁBADO
Alice Eça Guimarães | 12 min | Portugal | 2025 | +12
É sábado, e unha muller loita coa dificultade de conciliar a súa vida doméstica coa súa necesidade de escapar para liberar o seu lado creativo.
AUTOKAR
Sylwia Szkiłądźd | 17 min | Bélxica / Francia | 2025 | +12
Nos anos noventa, Ágata, unha nena de oito anos, abandona a súa patria polaca para viaxar soa en autobús a Bélxica. Ansiosa pola viaxe, comeza a escribir unha carta ao seu pai, que quedou en Polonia. Cando se lle cae o lapis e bota a rodar, Ágata vese obrigada a superar a súa timidez. Ao buscalo, ábrese paso entre as filas de asentos e mergúllase nun mundo fantástico habitado por estraños pasaxeiros metade humanos, metade animais. As percepcións de Ágata transforman a realidade da migración nunha experiencia imaxinativa de iniciación.
UM
NIETO | 8 min | Francia | 2025 | TP
O pobo dos paxaros afundiuse nun caos violento, presa dun fenómeno inquietante: os seus ovos semellan estar axexados por rostros demoníacos. A súa eclosión semella anunciar unha catástrofe inminente…
HYPERSENSITIVE
Martine Frossard | 7 min | Canadá | 2025 | +12
Hipersensitive narra a viaxe turbulenta e surrealista dunha moza que loita por reconstruírse a si mesma, desafiando as normas sociais que nos din que reprimamos as nosas emocións.
O CORPO DE CRISTO
Bea Lema | 12 min | España | 2025 | +12
Un demo ronda a casa de Adela, acosándoa e facéndolle dano. Isto lévaa á consulta do psiquiatra, onde a medicación se presenta como o remedio absoluto para todos os seus problemas. Pero ela precisa que alguén escoite o que realmente lle ocorre. O único lugar onde a súa realidade ten cabida é na relixión e nos ritos populares, o que a leva a visitar unha curandeira á que lle confesa como e cando comezou todo.
DIEU EST TIMIDE
Jocelyn Charles | 15 min | Francia | 2025 | +12
Durante unha viaxe en tren, Ariel e Paul pasan o tempo debuxando os seus medos máis profundos. O seu xogo dá un xiro inesperado cando Gilda, unha misteriosa pasaxeira, se entromete no seu intercambio. Porén, a súa relación co medo parece moito menos inocente ca os seus debuxos xoguetóns.