SECCIÓN OFICIAL
Selección de 50 curtametraxes oficiais a competición
Distribuidos en 6 bloques: 5 para público adulto e 1 para público familiar
Premios
Xurado formado por: Isabel Helguera, Nuno Beato e Khris Cembe.
Bloque 1
ICE MERCHANTS
João Gonzalez | 14 min | Portugal / UK / Francia | 2022 | 2D CGI | Drama | Estrea en Galicia
Todos os días, un pai e o seu fillo saltan en paracaídas desde a súa fría e vertixinosa casa, encostada a un cantil, para ir ao pobo de terra, moi lonxe, onde venden o xeo que producen a diario.
HISTOIRE POUR 2 TROMPETTES [A STORY FOR TWO TRUMPETS]
Amandine Meyer | 5 min | Francia | 2022 | 2D CGI | Fantástico
Segue á heroína mentres un río de bágoas desbórdase e arrástraa a un mundo surrealista onde os símbolos, as referencias e as experiencias persoais bailan xuntas.
LOUIS 1er. ROI DES MOUTONS [LOUIS I. KING OF THE SHEEP]
Markus Wulf | 9 min | Alemaña | 2022 | Stop-Motion | Histórico | Estrea en Galicia
Un día de moito vento, Luís atopa unha coroa de papel e convértese en Luís I. Rey das Ovellas. Dirixe ao seu pobo, domina a natureza, inicia as festas, separa ás ovellas por cores e decide quen pode facer que. As cousas seguen o seu camiño. Polo menos ata o seguinte refacho de vento.
THE RECORD
Jonathan Laskar | 9 min | Suiza | 2022 | Tradicional | Drama | Estrea en Galicia
Un comerciante de instrumentos musicais antigos recibe un vinilo máxico dun viaxeiro: “Leche a mente e reproduce os teus recordos perdidos”. Obsesionado por este disco, o comerciante escóitao unha e outra vez e os recordos rexorden ata que aparece un último e máis doloroso recordo.
TODO ESTÁ PERDIDO
Juan Fran Jacinto & Carla Pereira Docampo | 7 min | España | 2022 | Stop-Motion | Comedia | Estrea en Galicia
Os Pérez son unha familia case normal, aínda que con condutas algo disfuncionais. O matrimonio decide fecundar un ovo que ela puxo onte á noite.
HOTEL NUIT NOIRE
Vincent Albert & Neil Dieu & Malo Doucet & May Taraud & Marie Toury | 7 min | Francia | 2022 | 2D CGI | Fantástico | Estrea en Galicia
E se fose posible atoparnos nos nosos soños? Unha noite, tres personaxes atópanse por casualidade nun Hotel dos Soños. Xuntos, deben atopar unha maneira de romper o bucle dos seus tormentos e atoparse ao final do soño.
SIERRA
Sander Joon | 15 min | Estonia | 2022 | 2D/3D CG | Comedia
Un pai e o seu fillo están a perder a carreira. Para gañar, o neno convértese nun pneumático de automóbil. Inspirada libremente na infancia do director, mergullámonos no surrealista mundo das carreiras de autos.
SMALL HOURS
Marta Sniezek & Christian Spurling | 5 min | Irlanda | 2022 | 2D CGI | Drama | Estreno en Galicia
Unha curta de animación 2D en pantalla partida en recadros que segue os pensamentos de dúas persoas, movéndose dun recordo a outro. A medida que nos mergullamos máis nos recordos chegamos ao subconsciente dos personaxes e perdemos de vista a realidade.
Bloque 2
SCALE
Joseph Pierce | 14 min | Bélxica / UK / Francia / R. Checa | 2022 | 2D CGI | Rotoscopia CGI | Drama | Estrea en Galicia
Conducindo pola autoestrada, Will perde o sentido da escala. Mentres o seu paralizante adicción ás drogas vaise agravando, Will loita por reconstruír a secuencia de eventos que o levaron á súa situación, antes de que a súa mente se perda para sempre.
GO FISHBOY
Denise Cirone & Sebastian Doringer & Andrey Kolesov & Chiayu Liu & Zhen Tian & Lan Zhou | 6 min | Francia | 2022 | 2D/3D CGI | Drama | Estrea en Galicia
Un chef respectado dunha liñaxe de fabricantes de sushi tenta conectar co seu fillo a través do coñecemento compartido do oficio familiar.
NYUGVÓ KÖD [RESTING FOG]
Nikolett Fábián | 5 min | Hungría | 2022 | 2D CGI | Experimental | Estrea en Galicia
Este é o proceso de revivir un recordo —e a súa desintegración consecuente— a través dunha serie de imaxes asociativas. A animación trata de levar ao espectador a un estado mental e emocional hipnótico no que poida experimentar a variada natureza da memoria a través das súas imaxes, e as agradables, aínda que efémeras, alegrías de descender aos nosos recordos.
PHONORAMA
Álex Rey | 13 min | España | 2022 | 2D CGI | Rotoscopia CGI | Comedia
Jose Antonio disponse a gozar dunha agradable tarde de lectura, prostrado na súa cadeira de rodas, no seu apartamento de Manhattan. Pero unha forza escura e terrible está a piques de poñer o seu mundo patas para arriba. E é que ninguén pode escapar do poder destrutor de Phonorama…
EL AFTER DEL MUNDO
Florentina González | 12 min | Francia | 2022 | 2D/3D CGI | Fantástico | Estrea en Galicia
A humanidade deixou de existir. Só quedan no mundo Fluor e Carlix, dúas pantasmas en roupa deportiva, que deambulan entre os restos dunha civilización extinta. Unha historia de encontro e amizade, puntuada por unha lista de reprodución definitiva: a do fin do mundo.
PERSONA
Moon Su-jin | 7 min | Corea do Sur | 2022 | 2D CGI | Terror
O proceso de verse invadido pola personalidade.
FUNERAL AT NINE
Linfeng Zhou & Ziyu Wang & Wang Yu & Rodrigo Veras & Junhao Xiang & Mamadou Barry | 6 min | Francia | 2022 | 2D/3D CGI | Fantástico | Estrea en España
Nun pequeno pobo celébrase un funeral tras a morte dun xardineiro. Tres irmáns atópanse perdidos na súa imaxinación o día do enterro.
REGULAR RABBIT
Eoin Duffy | 8 min | Irlanda / Canadá | 2022 | 2D/3D CGI | Comedia | Estrea en Galicia
Un coello aparentemente normal que se ve envolto nunha marea imparable de desinformación.
Bloque 3
GARRANO
David Doutel & Vasco Sá | 14 min | Portugal / Lituania | 2022 | 2D CGI | Drama | Estrea en Galicia
Un cabalo nobre e corpulento é obrigado a tirar dunha pesada carga baixo a calor abafante do sol. Ao seu lado acompáñalle Joel, un mozo que descobre as intencións dun home que pretende incendiar o bosque.
SJETI SE KAKO SAM JAHALA BIJELOG KONJA [REMEMBER HOW I USED TO RIDE A WHITE HORSE]
Ivana Bošnjak Volda & Thomas Johnson Volda | 10 min | Croacia | 2022 | Stop-Motion | Experimental | Estrea en España
Unha camareira segue coa súa rutina diaria servindo café mentres pensa en escapar da súa realidade. Un cliente está constantemente gravando e escoitando os sons da contorna do café e está completamente obsesionado con esta tarefa.
INTERMISSION

Réka Bucsi | 5 min | Hungría | 2022 | Tradicional | Experimental | Estrea en Galicia
Movemento repetitivo continuo, unha exploración da imaxe visual sen máis motivo. Unha proxección de imaxes mentais que se forman mentres se escoita música. Desde o sinxelo acto de trazar unha liña ata o intrincado movemento e a complexa estrutura que a animación é capaz de autoxerar.
EL MATÍ DEL SENYOR XIFRÓ
Marc Riba & Anna Solanas | 5 min | España | 2022 | Stop-Motion | Fantástico | Estrea en Galicia
O señor Xifró está desesperado. Non pode lembrar unha canción e é no único que pode pensar esta mañá.
SLOW LIGHT
Przemysław Adamski & Katarzyna Kijek | 11 min | Polonia / Portugal | 2022 | Cut-outs | Drama | Estrea en Galicia
A historia dun home que só pode ver o pasado. Un neno que naceu cego, de súpeto aos sete anos ve unha luz. Un exame médico revela que os seus ollos son tan densos que a luz tarda sete anos en chegar á retina e, por tanto, ese é o tempo que a súa conciencia tarda en percibir calquera imaxe.
KOERKORTER [DOG-APARTMENT]
Priit Tender | 14 min | Estonia | 2022 | Stop-Motion | Drama | Estrea en Galicia
Os males da fortuna deportaron a un bailarín de ballet, Sergei, a un kolhoz suburbano. Aquí está a ter as súas loitas do día a día contra a rutina, os animais domésticos e o alcol.
THE DEBUTANTE
Elizabeth Hobbs | 8 min | UK | 2022 | Tradicional | Comedia | Estrea en Galicia
Unha muller nova e enérxica persuade a unha hiena do zoológico de Londres para que tome o seu lugar nun baile de cea que se celebra na súa honra.
Bloque 4
ECORCHÉE [SKINNED]
Joachim Hérissé | 15 min | Francia | 2022 | Stop-Motion | Terror | Estrea en Galicia
Nun vello edificio perdido no medio dos pantanos viven dúas estrañas mulleres, unidas por unha perna. Pola noite, a Desollada ten soños aterradores. Unha historia cruel sobre como ás veces un empéñase en facer realidade os seus peores pesadelos.
CE QUI BOUGE EST VIVANT [WHATEVER MOVES IS ALIVE]
Noémie Marsily | 11 min | Bélxica | 2022 | 2D CGI | Drama
Mentres as babosas deambulan polo chan da cociña, Noémie debuxa o seu autorretrato, cambiante e fragmentado, no límite entre o íntimo e o bulicio do mundo.
IN QUANTO A NOI [FROM OUR SIDE]

Simone Massi | 5 min | Italia | 2022 | Scratch on Film | Histórico | Estrea en Galicia
A historia flúe, a escuridade molla a nosa roupa.
ÉL CORRIÓ JUNTO A SU CAMARADA
Genís Rigol | 14 min | España | 2022 | 2D CGI | Drama | Estrea en Galicia
Unha historia sobre un empresario que busca popularidade creando problemas na xente para así despois podelos axudar.
O HOMEM DO LIXO [THE GARBAGE MAN]
Laura Gonçalves | 12 min | Portugal | 2022 | Stop-Motion | Documental | Estrea en Galicia
É unha calorosa tarde de agosto, e a familia reunida á mesa lembra ao tío Botão: a guerra das colonias, a emigración a Francia, onde viviu e traballou trinta anos recollendo o lixo.
PLSTC
Laen Sanches | 2 min | Francia | 2022 | 2D/3D CGI | Experimental | Estrea en España
Unha distopía submarina que profunda na inquietante realidade da contaminación plástica nos nosos océanos. Unha chamada de atención sobre as devastadoras consecuencias do noso estilo de vida na vida mariña.
WORLD TO ROAM
Stephen Irwin | 12 min | UK | 2023 | 2D CGI | Terror | Estrea en España
Un matrimonio loita por facer fronte ás misteriosas andanzas nocturnas do seu fillo pequeno. Cada tarde, atan un anaco de corda ao redor do neno, un cordón de rescate para localizalo cando sae o sol. Pero o cable só pode chegar ata certo punto e, a pesar da súa curta idade, o neno parece decidido a aventurarse no mundo sen eles.
Bloque 5
MIRACASAS
Raphaëlle Stolz | 13 min | Suíza / Francia | 2022 | 2D CGI | Fantástico | Estrea en Galicia
Nos anos 30, un pobo perdido de Sudamérica esfórzase por perpetuar as súas estrañas tradicións. O alcalde publicou un anuncio na rexión: «Búscase cadáver para ampliar Miracasas». Recentemente asasinado, Ernesto é o afortunado e participa ao seu pesar no seu enterro carnavalesco. Os habitantes do pobo reunidos celebran o acontecemento con paixón, esperando con ansia a vida que trae a morte.
UN PETIT HOMME [A TINY MAN]
Mikaël Gaudin & Aude David | 10 min | Francia | 2022 | Tradicional | Dramal | Estrea en Galicia
Avergoñado polo corpo da súa esposa, un home adminístralle en segredo un soro misterioso que se supón que a fará perder peso rapidamente. Pero a súa esposa gástalle unha broma, e termina sendo el quen toma o soro e comeza a facerse máis pequeno.
THE FLYING SAILOR
Wendy Tilby & Amanda Forbis | 8 min | Canadá | 2022 | 2D/3D CGI | Histórico | Estrea en Galicia
1917. Dous barcos chocan nun porto, unha explosión esnaquiza unha cidade e un mariñeiro sae despedido cara ao ceo. Mentres lle zoan os oídos, aceléraselle o sangue e remóvenselle as tripas, o mariñeiro continúa o seu ascenso por encima do caos cara ao descoñecido.
AAAAH!
Osman Cerfon | 5 min | Francia | 2023 | 2D CGI | Comedia | Estrea en España
Aaaah! é unha expresión de dor, sorpresa, medo, alegría, canto, refunfuño, risa, ira… Aaaah! é o berro que utilizan os nenos, estes seres primitivos e inocentes, mentres experimentan a vida escolar, baixo os asubíos da supervisión dos adultos.
AN OSTRICH TOLD ME THE WORLD IS FAKE AND I THINK I BELIEVE IT
Lachlan Pendragon | 11 min | Australia | 2022 | Stop-Motion | Thriller
Un mozo oficinista descobre os defectos do seu universo de stop-motion coa axuda dunha misteriosa avestruz que fala.
SANDWICH CAT
David Fidalgo Omil | 10 min | España | 2022 | 2D CGI | Fantástico
David vive só co seu gato, Sandwich Cat. Parecía un día calquera sen máis pero unha visita inesperada conduciralle a unha reflexión crucial para a humanidade.
TONGUE

Kaho Yoshida | 2 min | Canadá /Xapón | 2022 | Tradic. + Stop-Mot. | Drama | Estrea en España
Cansa de que os homes lle falen, unha muller emprende unha viaxe sensual con amigos inusuais.
AMOK
Balázs Turai | 14 min | Hungría / Rumanía | 2022 | 2D CGI | Terror
Despois de perder á súa prometida e a súa boa aparencia nun estraño accidente, Clyde debe enfrontarse ao seu demo interior.
Bloque 6 (+3)
KATZE

Julia Ocker | 4 min | Alemania | 2022 | 2D CGI | Infantil | Estrea en Galicia
O gato ten unha receita especialmente deliciosa: Sopa de rato!
THE GOOSE
Jan Míka | 12 min | República Checa / Francia | 2023 | Stop-Motion | Infantil | Estrea en España
Un neno soña con converterse nun futbolista famoso, xogar en grandes estadios, pero primeiro ten que gañar un partido nun pequeno patio traseiro contra un ganso.
META
Antje Heyn | 4 min | Alemania | 2022 | Tradicional | Infantil
O cambio, a fugacidade, os ciclos, a conexión e a interacción de forma lúdica e experimental. O obxectivo é mostrar que todo consta de moitas partes e que ao final todos estamos conectados entre nós.
LUCE AND THE ROCK [LUCE UND DER FELSEN]
Britt Raes | 12 min | Bélxica /Francia /Países Baixos | 2022 | 2D CGI | Infantil
Un día, da nada, unha xigantesca rocha póusase no medio da pacífica aldea na que vive Loce. As persoas do pobo xa non poden nin sequera abrir a porta das súas casas! Luce enfádase: vaite Roca, non debes estar aquí! E por que estás aquí?
Bloque 7 (+7)
ENTRE DEUX SŒURS [TO BE SISTERS]
Clément Céard & Anne-Sophie Gousset | 7 min | Francia | 2022 | Tradicional | Infantil | Estrea en Galicia
Ser irmás trátase de compartir un vínculo especial e rir xuntas. Ser irmás é ser impulsadas polo amor. Pero estas irmás en particular comparten algo un pouco diferente, e iso está absolutamente ben.
LA REINE DES RENARDS [THE QUEEN OF THE FOXES]
Marina Rosset | 9 min | Suíza | 2022 | Tradicional | Infantil
Coa esperanza de volver facer sorrir á súa raíña, os raposos baixan cada noite á cidade e recollen do lixo as cartas de amor que se enviaron os humanos.
VARKEN [PIG]
Jorn Leeuwerink | 8 min | Paises Baixos | 2022 | 2D CGI | Infantil | Estrea en Galicia
Un grupo de animais conecta unha rede eléctrica ao fuciño dun gran porco durmido. Os animais usan a enerxía do porco para cousas simples ao principio, pero pronto se volven dependentes dunha cidade onde todo, o útil e o inútil, está automatizado… Canto tempo pode durar iso?
LE GARÇON ET L'ÉLÉPHANT
BOOM
